Os efectos que a artrite reumatoide provoca no ámbito laboral e profesional das persoas que padecen a enfermidade é un dos aspectos que máis preocupan, e non obstante non existen estudos en profundidade ao respecto. A Coordinadora Nacional de Artrite é consciente das dificultades que implica manterse estable nun posto de traballo e compaxinalo cos efectos da enfermidade, xa que en moitas ocasións as decisións que se toman en relación coa vida laboral se ven influenciadas pola artrite; pero carecemos de datos concretos e vivencias.
Por esta razón, ConArtritis quere impulsar a realización dun estudo que mostre as vivencias e experiencias laborais das persoas que padecen artrite, independentemente da súa situación actual.
Para iso conta coa colaboración da plataforma web in-pacient.es que cedeu a súa infraestrutura para poder levalo a cabo.
Agora falta o máis importante: a colaboración das persoas que padecen artrite para achegar a información da súa vivencia.
A través dun cuestionario sinxelo, obteranse datos para elaborar un estudo da máxima calidade e profundidade. Para levalo a cabo invitamos a todas as persoas con artrite a darse de alta en in-pacient.es e completalo. Ademais de facelo, nesta plataforma encontrarán información útil sobre a enfermidade e unha comunidade restrinxida a persoas coa patoloxía onde intercambiar vivencias e experiencia. A continuación achegámosvos os enlaces nos que poderedes encontrar máis información sobre in-pacient.es:
0 comentarios:
Fai un comentario: