Despois do éxito das edicións anteriores, a Sociedade Española de Reumatoloxía,
coa colaboración da Coordinadora Nacional de Artritis e outras
asociacións de pacientes, organizan un ano máis o Campamento de verán para nenas e nenos con enfermidades reumáticas.
Este campamento ten o obxectivo de fomentar a autonomía dos rapaces e favorecer as súas relacións sociais e solidariedade, mentres que tamén serve de axuda e apoio aos pais, nais e outras persoas encargadas do seu coidado.
O campamento deste ano será do 27 de xuño ao 11 de xullo na granxa escola Albitana (Brunete - Madrid), e hai 40 prazas dispoñibles para nenas e nenos de entre 8 e 14 anos de idade, de toda España.
Xa podes solicitar a inscrición ata o 15 de maio, enviando o documento de solicitude que podes descargar aquí e envialo a campamento@ser.es.
Ver as bases do campamento.
0 comentarios:
Fai un comentario: