Hoxe, 5 de maio é o Día Mundial da Hixiene de Mans, un compromiso promovido pola Organización Mundial da Saúde, que ten como obxectivo mellorar a seguridade e diminuír a infección na atención sanitaria.
Como membro do Consello Asesor de Pacientes e, que ten como un dos seus fins avanzar na mellora da seguridade dos pacientes, familiares e coidadores, dende a Asociación de Artrite de Santiago sumámonos a esta celebración, facendo difusión do Manifesto dos Pacientes e Cidadans que, con motivo desta data, se asinou na Consellería de Sanidade, con data 5 de maio do 2013.
Este Manifesto recolle o compromiso de colaboración entre pacientes, cidadanía, profesionais e autoridades sanitarias para traballar activamente na formación e sensibilización de todos os galegos, na importancia de coñecer e realizar correctamente a técnica da hixiene de mans.
0 comentarios:
Fai un comentario: