O vindeiro 17 de marzo faremos unha actividade en grupo na que vos animamos a participar.
Visitaremos a zona de Vila de Cruces e o seu contorno, degustando un cocido galego en "Casa Rafael". Despois, e se o tempo nolo permite, poderemos dar un paseo polas Illas de Gres, no río Ulla ao seu paso por Ponte Ledesma, onde tamén poderemos ver a Ponte romana de Gres, de once arcos, e pasear pola súa área recreativa.
Faremos unha visita guiada ao Mosteiro de Carboeiro, que data da idade media (S
XI XIII, recuperado no XX) e visitaremos o Balneario da Brea en Merza.
A Saída en autocar será dende o Centro Sociocultural de Fontiñas (R/Berna, 13, Santiago) ás 11:00
As persoas que queiran asistir teñen que confirmar o antes posible no teléfono da Asociación 659 084 950 (luns a venres de 10:00 a 13:00 h.) A isncrición farase por orde de chamada, e a data límite de pago será o 13 de marzo.
O prezo da actividade inclúe:
- Autocar
- Xantar (cocido)
- Paseo polas Illas e a Ponte de Gres
- Visita guiada ao Mosteiro de Carboeiro
- Visita ao Balneario de Brea
- Seguro de viaxe
0 comentarios:
Fai un comentario: