23 de marzo de 2013

II Certame de fotografía sobre enfermidades reumáticas

Dende a Asociación de Artrite de Santiago convidámosvos a participar no II Certame de fotografía sobre enfermidades reumáticas, que este ano ten o obxectivo de concienciar sobre a espondiloartrite. O prazo para participar está aberto ata o próximo 1 de maio.
SE ABRE LA CONVOCATORIA DEL II CERTAMEN DE FOTOGRAFÍA SOBRE ENFERMEDADES REUMÁTICAS 
Este ano conta coa colaboración de Juan Luis Suárez, o guitarrista del sueño de morfeo e paciente de espondilite anquilosante, quen inaugurou a apertura do concurso a través da fotografía que vos mostramos á esquerda.

Xa podedes enviar as vosas fotografías a través da web 

www.certamenfotografiareumatologia.es

Para máis información podes consultar as BASES DO CONCURSO

 

Sobre a espondiloartrite

As espondiloartrites son un conxunto de patoloxías que afectan a 900.000 persoas en España e que impactan directamente sobre a calidade de vida dos pacientes e o seu ámbito sociofamiliar. Poden afectar á vida diaria destes e dificultar a realización de tarefas cotiás como vestirse, asearse e facer exercicio físico. Tamén adoitan ter gran repercusión no ámbito laboral. En función do grao de minusvalidez que xere a enfermidade, a persoa pode chegar a necesitar un cambio de posto de traballo ou de profesión, e mesmo pode verse obrigada a deixar de traballar de xeito temporal ou permanente. Todo iso ten un impacto a nivel emocional nos pacientes que se traduce na aparición de sentimentos de culpabilidade, trastornos do sono ou dificultades na concentración.

Entre todos, debemos crear conciencia da importancia e o impacto destas patoloxías. Para iso, dende as entidades organizadoras e colaboradoras deste certame, animan a participar no concurso coas vosas fotografías para contribuír a aumentar o coñecemento e a concienciación destas enfermidades.

0 comentarios:

Fai un comentario: