8 de marzo de 2013

Conferencia sobre Artrite Reumatoide



Dentro duns días poderemos escoitar unha conferencia na que participarán o Dr. Juan Gómez-Reino, catedrático e xefe do servizo de Reumatoloxía do Hospital Clínico de Santiago, e o Dr. Manuel Pombo, reumatólogo.
Dende o diagnóstico da Artrite Reumatoide (AR), comeza para os pacientes un proceso de aceptación da realidade desta enfermidade, unha enfermidade crónica.
O proceso de aceptación é diferente en cada paciente e depende en boa medida da rapidez do diagnostico e de se a enfermidade foi detida a tempo.
É pois nos tratamentos, onde os pacientes depositamos todas as nosas esperanzas e ás veces tamén temores. Tratamentos que poden posibilitar a recuperación e a normalidade do día a día.
A investigación e a procura de novos tratamentos para a AR deu un gran paso, por iso os pacientes debemos estar informados destes novos fármacos, e qué mellor forma que coa asistencia a esta charla.

  • Onde: Salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas (R/ Berlín, 13, Santiago de Compostela)
  • Cando: 12 de marzo ás 18:00 h.

Prégase comunicar asistencia chamando ao móbil da asociación 659 084 950.

0 comentarios:

Fai un comentario: