A revista Mira é unha
iniciativa de comunicación promovida pola Fundación Abbott co propósito de estender e afondar
nas relacións médico-paciente no terreo das enfermidades reumáticas.
Esta publicación reune valiosa información e consellos por parte de profesionais da reumatoloxía, enfermeiría, psicoloxía e outros. Tampouco esquece a propia voz do paciente, xa que en cada número recollen testemuños de persoas que padecen enfermedades reumáticas. A presidenta da Asociación de Artrite de Santiago tivo xa ocasión de contar a súa experiencia a través das páxinas desta publicación, no seu nº 3.
Recentemente publicouse o o quinto número desta revista, que presenta ademais unha novidade moi
importante para chegar a máis persoas. Agora, a revista publícase tamén
on-line.
Os contidos máis relevantes deste número son os seguintes:
- En portada: Anabel Coco, gañadora do Certame de Relatos sobre Enfermidade Crónica.
- A importancia do papel do paciente no seguimento da enfermidade. Recóllense varios artigos de Eulalia Alcaide (secretaria de ConArtritis e membro de AMAPAR), Antonio Torralba (presidente de ConArtritis) e Patricia Planas (Coordinadora Xeral da Lliga Reumatológica Catalana).
- Relevancia do paciente informado: artigo da Dra. en psicoloxía Leticia León (da Facultade Ciencias da Saúde da Universidade Camilo José Cela).
- Que espera o reumatólogo do paciente? O Dr. Alberto Alonso ofrece a resposta a esta cuestión.
- Uveíte. Un completo artigo do Dr. Ricardo Blanco aborda a sintomatoloxía e control desta enfermidade.
- E ademais: información sobre o II Premio José Román, que outorga anualmente a asociación ACEADE.
Este número da revista, e tamén os anteriores, podes descargalos nesta páxina: http://www.reumatologiasalud.es/revista-mira_prehome.php
0 comentarios:
Fai un comentario: