![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhbu79qZ9lpkdBJkdwtWoox7E2b32FoSUI8MlvjE5tMH8CafkVoRmmXNaE1BkLuKMdNaZ5yaWG36UFdqNxBt03x8w9l8GDVJXlZLgk89dsdLmk9rGTSFsAXD23-kwpHEVSpNvRc3Kfx-Uo/s320/imgPrincipal.png)
Varias entidades asociativas relacionadas coas enfermidades reumáticas uníronse para organizar este certame que premiará con
1.200 euros as mellores fotografías, en tres categorías diferentes:
público xeral, persoal médico e pacientes. Ademais, haberá un premio especial consistente nunha cámara reflex, que se concederá á imaxe elexida mediante votación popular na web do certame.
O tema das fotografías deberá reflexar o impacto individual (físico e emocional) e social (familiar e colectivo) das enfermidades reumáticas, abordándoo de maneira positiva.
Pode participar calquera persoa, tanto aficionadas como profesionais da fotografía.
Tes ata o 30 de maio para enviar as túas fotografías. ANÍMATE E PARTICIPA!
0 comentarios:
Fai un comentario: