24 de abril de 2017

Partido de Baloncesto: Rio Natura Monbus Obradoiro – Real Betis Energía Plus

O próximo 6 de maio ás 20:00h, o Obradoiro CAB SAD espéranos no Multiusos Fontes do Sar para animar ao noso equipo de baloncesto de primeiro nivel de Santiago de Compostela.

En efecto, Obra Social A Caixa, principal organizador deste proxecto, no seu afán por contribuír a que toda a sociedade poida gozar da maxia do baloncesto, convídanos a asistir a un dos partidos do Rio Natura Monbus Obradoiro na súa Bancada Social (cun aforamento máximo de 50 persoas). Xogarán contra o Real Betis Enerxía Plus.


Pensamos que é unha oportunidade innovadora para atoparnos, gozar todos en familia e esperamos que esta iniciativa resúltevos atractiva. Rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659-084-950 ou ao email: info@artrite-santiago.org en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres.


A inscrición será por orde de chamada e a data límite de inscrición será o 2 de maio. Permitirme lembrarvos que só dispoñemos de 50 entradas, así que

CORRER e APUNTARVOS!

0 comentarios:

Fai un comentario: