A dor, especialmente a dor crónica, é un problema de saúde que afecta á calidade de vida de numerosas persoas. A dor pode manifestarse de moitas maneiras: difusa, localizada..., ao mesmo tempo, ser consecuencia dun accidente, unha infección, calquera tipo de trastorno ou dunha enfermidade; como no noso caso coas enfermidades reumáticas.
Para falar deste tema e poder expoñer todas as dúbidas que xurdan contaremos con Dr. Carlos Cea Pereiro Reumatólogo no Hospital de Barbanza e no Hospital Clínico Universitario de Santiago.
A charla terá lugar o 7 de abril ás 17:30 h. no Salón de Usos Múltiples da Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Santiago de Compostela.
Rogamos que as persoas que desexen asistir confirmen a súa asistencia chamando ao tlf. da asociación: 659 084 950 ou por email a: info@artrite-santiago.org.
- Lugar de Celebración: Salón de Usos Múltiple, planta 0, Casa das Asociacións de Benestar Social, (CABES), C/ Manuel María nº6, Salgueiriños, Santiago.
- Data e horario: 7 de abril a as 17:30 h.
0 comentarios:
Fai un comentario: