O evento retransmitirase en directo vía streaming.
A Sociedade Española de Reumatoloxía convídavos a participar na II edición do Congreso de pacientes con enfermidades reumáticas, que se celebra os días 23 e 24 de outubro no Hotel Barceló Sants de Barcelona.
O obxectivo é crear un punto de encontro para este colectivo de pacientes. Ofrecerase información fiable e de calidade sobre as patoloxías reumáticas nunha contorna de confianza e colaboración mutua. Este ano o evento será máis dinámico e participativo, coas mesas expostas nun formato de debate para favorecer o coloquio entre todos os participantes.
Está dirixido a pacientes con artrite reumatoide, osteoporose, lupus, espondilite anquilosante, síndrome de Sjögren, e outras enfermidades reumáticas.
Para lograr unha maior difusión o congreso será retransmitido vía streaming, para que todas as persoas que non poidan asisitir visualicen o evento, que será moi dinámico e participativo
Para inscribirse só é necesario enviar un e-mail a pacientes@ser.es con nome, apelidos, teléfono e cidade de procedencia. Se queres acudir apúntate canto antes, a inscrición é gratuita (aforo limitado).
Programa do Congreso
0 comentarios:
Fai un comentario: