O vindeiro 23 de outubro organizamos, no marco da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, un taller sobre a discapacidade nas enfermedades reumáticas, impartido pola
avogada e colaboradora da asociación Emilia Vázquez e a traballadora social da EOXI de Santiago Begoña Lehmkuhl.
Neste taller, informarase sobre:
Tipos de discapacidade e os seus grados.
O certificado de discapacidade.
Tramitación e procedemento do certificado.
Actividades saudable e boas posturas.
Beneficios e vantaxes do certificado.
Xa se pode realizar a inscrición gratuita a través da web da Escola, ou ben chamando á asociación para que formalicemos a inscrición directamente dende aquí. De seguro será de gran interese, polo que esperamos unha ampla participación.
Usamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegacion en nuestra web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.OKMás información
0 comentarios:
Fai un comentario: