4 de novembro de 2014

Vivir con artrite: consellos (29)

Presta atención á adherencia ao tratamento

A adherencia ao tratamento defínese como o grao no que o comportamento do paciente se corresponde coas recomendacións do profesional médico. O teu papel como paciente é fundamental:
Establece unha relación de respecto e confianza co profesional sanitario.
Non te sintas culpable, es só un dos factores que inflúen na adherencia.
Solicita instrucións sinxelas e doadas para reducir as dificultades á hora de seguir o tratamento.
Mantén unha comunicación fluída cos profesionais.
O apoio da túa familia e amigos é clave.
Solicita programas de educación para pacientes para obter unha información completa.
FALA CO TEU MÉDICO SOBRE O TEU PAPEL NO TRATAMENTO.

Extraído do artigo "El papel de la enfermería fundamental para la adherencia al tratamiento", publicado en Revista Mira, nº 1, vol. 2. 2014. Autoría: Mª José León Cabezas.

0 comentarios:

Fai un comentario: