A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do
Sergas, imparte o próximo luns un taller sobre os RECURSOS SOCIAIS E
SOCIOSANITARIOS dispoñibles para pacientes. Falarase de diferentes
prestacións económicas, do recoñecemento da dependencia, de servizos
como teleasistencia, axuda no fogar, xeolocalizadores, mobilidade 065,
do acceso e uso a centros de día e centros de noite, a servizos
residenciais ou a centros ocupacionais, de materiais ortoprotésicos e
produtos sanitarios...
Será no Hospital Clínico de Santiago de 16:30 a 20:30 h.
Ver programa
Facer inscrición
0 comentarios:
Fai un comentario: