O pasado 13 de xuño tivo lugar a charla sobre terapias complementarias nas enfermidades reumáticas, organizado a través da Escola Galega de Saúde do Sergas. Neste obradoiro explicáronse os tipos de medicina: tradicional, alternativa, complementaria e integrativa. Dentro de estas últimas explicáronse as distintas categorías e cales son as máis recomendables para a artrite.
É importante facer fincapé na importancia de que se decidimos utilizar estas terapias debemos comentarllo ao noso reumatólogo porque algunhas poden ter contraindicacións e que se acudimos a profesionais que tamén teñan coñecementos de medicina moito mellor.
Deixamos unhas fotos dese día.
0 comentarios:
Fai un comentario: