O pasado 25 de abril organizamos esta charla na que tanto as nais e pais como os nenos e nenas asistentes recibiron información por parte da Dra. Inmaculada Calvo sobre que é a Artrite Idiopática Xuvenil, as distintas enfermidades englobadas, os tratamentos, a importancia dos ensaios clínicos e do movemento organizativo para facer fronte a este problema ante a sociedade e máis concretamente nos colexios para que se teñan en conta as necesidades da infancia, e como tratar o neno ou nena con artrite na súas distintas fases ata que se chegue á etapa adulta, destacando a importancia da figura do reumatólogo pediátrico.
7 de maio de 2014
Charla sobre reumatoloxía pediátrica
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Fai un comentario: