Os días 21, 22 e 23 de maio, Santiago de Compostela acolleu o 40º Congreso da Sociedade Española de Reumatoloxía, que reuniu a reumatólogos e reumatólogas de todo o país.
Neste evento científico fíxose unha actualización dos máis novidosos avances tanto no diagnóstico e abordaxe, como no tratamento de algunhas das máis de 250 enfermidades que se engloban dentro das patoloxías reumáticas e que se estima afectan a case 11 millóns de persoas en España.
A Sociedade Española de Reumatoloxía habilitou un espazo no Congreso para as asociacións de pacientes. Así, a Asociación de Artrite de Santiago puido ter presenza no congreso, xunto a ConArtritis, Liga Española de Reumatoloxía, a Liga Reumatolóxica Galega, FELUPUS, Asociación Española de Síndrome de Sjögren, Acción Psoriais e a Coordinadora Española de Asociaciónes de Espondilitis.
Por primeira vez, deuse voz aos pacientes no congreso de reumatoloxía, a través da ponencia de Antonio Torralba, presidente de ConArtritis, que tratou sobre a visión do doente enmarcada no tema: "necesidades non cubertas na artrite reumatoide".
Agradecemos dende aquí á Sociedade Española de Reumatoloxía o feito de ternos reservado un espazo ás asociacións do sector.
Deixamos unhas fotos tomadas durante eses días.
0 comentarios:
Fai un comentario: