A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten aberto o prazo de
inscrición para participar no XVI
PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE, que
subvenciona a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta De Galicia.
DATAS
- Quenda primeira: dende o 2 (domingo) ata o 8 de setembro (sábado)
- Quenda segunda: dende o 9 (domingo) ata o 15 de setembro (sábado)
LUGAR
- Residencia de Colonias e Convivencias AIXIÑA, (Vigo, 51º, 2ª escaleira -Edificio Pirsamar- en Sanxenxo, Pontevedra)
REQUISITOS
- Ter entre 25 e 60 anos
- Ser galega/o ou residente en Galicia.
- Posuír unha discapacidade acreditada.
- Cumprimentar debidamente a documentación.
IMPORTE
- O prezo de aplicación para participar neste Programa de Vacacións será de 80 euros para cada participante, incluíndo este concepto aloxamento e manutención.
- As persoas participantes contarán co apoio de monitroes/as e coidadores/as polo que non poden levar acompañantes.
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude e ficha da persoa participante (facilitaránvola en COGAMI)
- Copia do Certificado de discapacidade.
- Copia dun xustificante dos ingresos da persoa participante.
- Unha vez recibido o escrito de adxudicación da praza concedida, terase que enviar resgardo do ingreso na conta corrente que se lle indique, figurando o nome da persoa no mesmo.
ADXUDICACIÓN
- Terán preferencia as persoas solicitantes que non participaran en anteriores programas de lecer e que estean vivindo habitualmente en centros asistenciais.
SOLICITUDES E PRAZO
- Os impresos de solicitude deberán ser remitidos a COGAMI, na Rúa Modesto Brocos, 7, 3º bolque, baixos CP 15704, Santiago de Compostela, A/A Ángela Labandeira) e a data límite para a recepción de inscricións será o venres 29 de xuño.
- Tan pronto como se lle comunique ás persoas seleccionadas que están admitidas como participantes no Programa de Vacacións, deberán de facer efectivo o pago dos 80 euros para que a praza adxudicada quede reservada. A continuación, o xustificante de pago remitirase por Fax ó seguinte número: 981574670. Se non fora asi, non se fará a reserva de dita praza. Prazo máximo 7 días.
- As persoas solicitantes poden escoller a quenda que máis lles interese, opción que se respetará na medida do posible. No caso de non fora posible respectar esta opción, distribuiranse as persoas participantes na quenda que se crea máis conveniente.
COMUNICACIÓN
- Ás persoas seleccionadas comunicaráselles de forma individual a súa participación no programa.
CONTACTO
Para calquera dúbida e para solicitar os documentos de
solicitude e ficha de solicitante, chamar ó teléfono 981574698, onde Ángela
Labandeira vos informará adecuadamente.
0 comentarios:
Fai un comentario: