11 de marzo de 2016

Servizo de Información Laboral para socios/as

Como xa sabedes, desde ConArtritis, púxose en marcha en 2015 o Servizo de Información e Orientación Laboral e son moitas as experiencias positivas que levan ao servizo a seguir crecendo e traballando pola mellora da situación laboral e, por tanto, da calidade de vida das persoas que padecen unha enfermidade reumática. O servizo é completamente gratuíto e está aberto a usuarios, familiares, asociacións, empresas ou organismos que se atopen situados en calquera punto do territorio nacional e que desexen información/asesoramento acerca de calquera das seguintes accións:
  • Detectar necesidades formativas e/ou prácticas.
  • Creación e manexo de currículos e cartas de presentación.
  • Ferramentas para a procura activa de emprego.
  • Habilidades para facer fronte a un proceso de selección (entrevista).
  • A contratación a persoas con discapacidade.
  • Adaptación do posto de traballo.
  • Información achega do mercado laboral.
Pode accederse ao servizo:
  • de forma presencial en Madrid, rúa Ferrocarril 18, 1º oficina 2 (previa cita)
  • vía telefónica no 91.535.21.41 
  • por mail en: laboral@conartritis.org
Recordámosvos que todos os socios e socias da asociación tedes á vosa disposición este servizo cando o necesitedes.
 

7 de marzo de 2016

“ProjectMAD”, documental sobre a Dra. María Miller, paciente de artrite reumatoide

O documental relata a historia de María, unha galega con artrite reumatoide que emigra a EE.UU e convértese nunha exitosa doutora que busca cura para esta enfermidade que padece desde nena.

 

A Coordinadora Nacional de Artritis grazas á colaboración do Ayuntamiento de Madrid, organiza a presentación do documental.


O director colombiano Famor Botero chega a España nunha xira promocional co seu novo traballo cinematográfico ProjectMAD. Este documental está baseado no libro “O meu soño americano” de María Miler, no que María explica a súa vida, a emigración cos seus pais desde Galicia a Venezuela, o regreso a España para estudar Medicina, e despois a súa marcha a Estados Unidos onde triunfa como profesional a Medicina. No camiño enfrontarase a unha serie de obstáculos, entre os que se atopa o diagnóstico dunha artrite que ameaza con deixala en cadeira de rodas.
No documental tamén se narran as historias doutras pacientes con artrite, e o testemuño de importantes referentes na reumatoloxía a nivel mundial.
ProjectMad é obra do prestixioso director colombiano Famor Botero, que canta cunha ampla e exitosa traxectoria cinematográfica nos Estados Unidos e Colombia.
Tráiler do documental:


O documental será presentado en Madrid:

  • Data: 11 de marzo.
  • Horario: 19 horas
  • Lugar: Centro Dotacional Integrado Arganzuela, salón de actos. (Calle Canarias 17, 28045 Madrid).
O documental proxectarase con subtítulos en castelán. A entrada é aberta e gratuíta, pero pídese confirmación de asistencia enviando un mail a pacientes@conartritis.org ou chamando ao teléfono 91 535 21 41.

Máis información

22 de febreiro de 2016

Activo frente a la artritis, mes a mes

ConArtritis puxo en marcha a campaña "Activo frente a la artritis, mes a mes" informando de cómo esta enfermidade crónica e autoinmune pode afectar en diferentes aspectos da vida. Información xeral sobre a campaña


O mes de xaneiro dedicouse ao ámbito laboral, que dalgún xeito pode verse alterado na vida das persoas con artrite a causa da enfermidade. Coincidindo co lanzamento da campaña, déronse a coñecer os resultados dun estudo sobre a situación laboral das persoas que padecen artrite, que arroxou datos como que o 64% das persoas con artrite que traballan realizan funcións que requiren de esforzo físico, ou que o 35% manifestan sentir medo por perder o seu traballo debido á artrite.
Máis información.

En febreiro, estase dedicando a campaña "Activo frente la crisis, mes a mes", ás relacións de parella. Sen dúbida, un diagnóstico de artrite provoca (ademais da dor asociada á enfemidade) un impacto psicolóxico e emocional importante que pode afectar directamente ás relacións sociais, familiares e de parella. ConArtritis fálanos a través desta campaña, das dificultades á hora de manter relacións sexuais, así como do poder terapéutico do amor, elaborando ademáis un decálogo con consejos para ayudar a las personas con artritis, a sus parejas y familiares a convivir mejor con esta enfermedad sin que su relación se vea afectada.
Máis información.

  
Como apoio á campaña, ConArtritis pide a colaboración das persoas con esta enfermidade para que amosen como viven "Activos/as fronte á artrite", subindo fotos ás redes sociais Twitter, Facebook ou Instagram de ConArtritis co hashtag #ActivoAR. Isto servirá para amosar que se pode vivir o día a día con actitude positiva, a pesar da enfermidade.
Máis información e acceso á galería de fotografías #ActivoAR.

Decálogo para que sempre triunfe o amor

Seguindo as recomendacións dos especialistas en reumatoloxía, psicoloxía, e os propios pacientes, ConArtritis elaborou un decálogo con consellos para vivir “Activo frente a la artritis” e que sempre triunfe o amor.
A continuación copiamos as ideas básicas, pero non deixedes de visitar a páxina de ConArtritis, onde poderedes ver cada punto explicado máis detidamente:

  1. Hai que expresar os sentimentos.
  2. Non te sintas culpable.
  3. Non descartes o sexo.
  4. Intenta non pagar a túa irritabilidade con quen máis te quere.
  5. Coida día a día o amor.
  6. Axúdalles a que te entendan.
  7. Pide axuda.
  8. Non abandones a túa vida social.
  9. Se non podes realizar unha tarefa, encoméndate outra.
  10. Contacta cunha asociación de pacientes.
Ver o decálogo completo

20 de febreiro de 2016

Saída gastronómica e cultural

O vindeiro 28 de febreiro temos previsto facer a actividade gastronómico-cultural que celebramos cada ano por este tempo. 
Esta vez, será na poboación pontevedresa de Lalín.
Visitaremos o Muso Etnográfico Casa do Patrón, con máis de 2.000 m2 de exposición distribuidos en tres edificios, onde de expoñen máis de 4.000 pezas recollidas por toda a xeografía galega.
Posteriormente degustaremos un estupendo cocido no restaurante ubicado dentro do entorno museístico Casa do Patrón.
E pola tarde, xa de regreso cara Santiago, visitaremos o Pazo de Liñares.

A saída será dende Santiago, no Centro Sociocultural de Fontiñas (Rúa Berlín, 13) ás 11:00 h.

A reserva debe facerse chamando ao número 659.084.950 (de 11:00 a 13:00 de luns a venres) ou no email info@artrite-santiago.org. A data límite para o pago será o 25 de febreiro.

museoetnografico.net
restaurantetematico.org
De seguro pasarémolo moi ben, polo que vos animamos a apuntarvos.

13 de decembro de 2015

III Encontro de Pais de nenos con enfermidades Reumáticas

A Unidade de Reumatoloxía Pediátrica (URP) vai celebrar o  III Encontro de Pais de nenos con enfermidades Reumáticas no Hospital Clínico de Santiago, planta baixa, aula 1 o día 18 de decembro ás 18:00h. Participan como relatores:
  • Dr. Antonio Mera Varela, reumatólogo.
  • Dr. Alejandro Souto Vilas, reumatólogo.
  • Dra. María López Sousa, pediatra.
A URP creouse  no 2013 grazas á colaboración dos Servizos de Reumatoloxía e Pediatría debido á necesidade asistencial dun grupo de pacientes menores de 16 anos con enfermidades reumáticas. Ata entón,  historicamente, dita asistencia viña realizando dunha forma non organizada e sen facultativo de referencia, por medio interconsultas ou por contactos persoais entre pediatras ou reumatólogos do propio hospital e en ocasións devanditos nenos e nenas eran derivados a outros hospitais doutras comunidades autónomas como Madrid ou Valencia.

Pedímosvos a vosa asistencia e colaboración para apoiar a implantación e consolidación desta Unidade no Hospital Clínico de Santiago, que actualmente non está regrada, para poder atender as demandas específicas con especialistas de referencia en reumatoloxía pediátrica de nenos con enfermidades reumáticas.

Esperámosvos o día 18.


  • Onde: Hospital Clínico de Santiago. Aula 1. Planta baixa.
  • Cando: 18 de decembro ás 18:00 h.