20 de febreiro de 2016

Saída gastronómica e cultural

O vindeiro 28 de febreiro temos previsto facer a actividade gastronómico-cultural que celebramos cada ano por este tempo. 
Esta vez, será na poboación pontevedresa de Lalín.
Visitaremos o Muso Etnográfico Casa do Patrón, con máis de 2.000 m2 de exposición distribuidos en tres edificios, onde de expoñen máis de 4.000 pezas recollidas por toda a xeografía galega.
Posteriormente degustaremos un estupendo cocido no restaurante ubicado dentro do entorno museístico Casa do Patrón.
E pola tarde, xa de regreso cara Santiago, visitaremos o Pazo de Liñares.

A saída será dende Santiago, no Centro Sociocultural de Fontiñas (Rúa Berlín, 13) ás 11:00 h.

A reserva debe facerse chamando ao número 659.084.950 (de 11:00 a 13:00 de luns a venres) ou no email info@artrite-santiago.org. A data límite para o pago será o 25 de febreiro.

museoetnografico.net
restaurantetematico.org
De seguro pasarémolo moi ben, polo que vos animamos a apuntarvos.

0 comentarios:

Fai un comentario: