Ademais, podes seguir a actualidade de ConArtritis a través dos seus perfís en Facebook e Twitter (@ConArtritis).
17 de xaneiro de 2013
ConArtritis estrena web
A Coordinadora Nacional de Artritis, ConArtritis, na que está integrada a nosa asociación, está de estreno. Onte lanzou a súa nova web, cunha imaxe renovada e con novos servizos e prestacións, ademais de toda a actualidade relacionada con esta doenza, como viñan facendo ata agora.
11 de xaneiro de 2013
Obradoiro sobre exercicio e saúde na artrite
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza un obradoiro gratuíto sobre exercicio e saúde na artrite.
Obxectivos:

Obxectivos:

- Mellorar a información sobre a actividade física nas enfermidades crónicas ós pacientes, familiares e cidadáns en xeral
- Proporcionar pautas de actuación ós coidadores e familiares para mellorar a calidade de vida.
- Fomentar o exercicio físico a todos os membros da familia.
- Exercicio físico nas enfermedades crónicas.
- Actividades saudables.
- Práctica e exemplos de técnicas.
- Onde: no Hospital Clínico de Santiago, na Aula ·D (bloque D, andar 1, aula3)
- Cando: o 30 de xaneiro de 2013 de 17:30 a 20:30
22 de decembro de 2012
Programa de Termalismo Social do Imserso
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade
publicou no Boletín Oficial do Estado do 15 de decembro a convocatoria do
Programa de Termalismo Social do Imserso. A través deste proporciónase aos/ás
pensionistas acceso a prezo reducido en tratamentos que se prestan nos
balnearios, cando o precisen por prescipción facultativa e sempre que cumpran
determinados requisitos.
Máis información:
- Correo-e: buzon@imserso.es
- Internet: Web do Imserso e Sede electrónica do Imserso
- Teléfono: 901 109 899
18 de decembro de 2012
Bo Nadal!
A Asociación de Artrite de Santiago deséxavos a todas e todos unhas Felices
Festas e unha boa entrada de Ano.
Nós manteremos o propósito de seguir traballando para a mellora da calidade
de vida das persoas afectadas polos diferentes tipos de artrite, e para a sensibilización
cara esta doenza.
Os nosos mellores desexos...
7 de decembro de 2012
Convenio con Enma Mayo
Co interese de levar a cabo unha iniciativa coa que se promova un servizo de atención psicolóxica ás persoas asociadas a un prezo máis vantaxoso do que custaría a nivel particular, a Asociación de Artrite de Santiago vén de asinar un convenio con Enma Mayo.
Emma Mayo é psicóloga colexiada, especialista en psicoloxía clínica adicada a prestar servizos de terapia individual, terapia de parella, terapia familiar, intervención psicolóxica en casos de enfermidade crónica e/ou discapacidade, etc.
Os socios da AAS terán acceso aos servizos de tratamento psicoterapéutico prestados por esta profesional aplicándolles un desconto nos tratamentos psicoterapéuticos, de xeito que a primeira consulta costará 50 € e as sucesivas 40€.
O seu gabinete
profesional está no Centro de Negocios de Santiago, C/ Rosalía de Castro, nº 1, en Santiago de Compostela.
Para máis información, podes contactar coa Asociación ou directamente con ela no seu despacho.
18 de novembro de 2012
Excursión a Lugo e Begonte, e xantar de Nadal
Xa estamos preparando a próxima actividade da Asociación, que será unha excursión de un día.
Sairemos dende Santiago con destino á cidade de Lugo, famosa polas súas murallas que datan da época romana. Nesta cidade visitarase o museo Provincial, a catedral de estilo románico do século XII, así como as súas prazas: Santa María, a Praza do Campo e a Praza Maior presidida polo concello. Destaca tamén as súas rúas comerciais: Rua da Raíña e a Praza de Santo Domingo.
Despois dun tempo libre, faremos o xantar de confraternidade de Nadal.
Pola tarde iremos a Begonte para visitar o seu famoso Belén articulado, un dos mellores beléns que hai non só en Galicia senón no noso país.
Regresaremos a Santiago con chegada aproximada ás 21:00 h.
Data: Sábado 15 de decembro.
Información sobre prezos e reservas: Tlf. 659 084 950
As persoas socias da Asociación de Artrite de Santiago, beneficiaranse dun importante desconto no prezo desta actividade.
O PREZO INCLÚE:

![]() |
| Belén de Begonte |
Data: Sábado 15 de decembro.
![]() |
| Muralla de Lugo |
As persoas socias da Asociación de Artrite de Santiago, beneficiaranse dun importante desconto no prezo desta actividade.
O PREZO INCLÚE:
- Autocar dende Santiago
- Xantar
- Seguro de viaxe
- Guía técnico acompañante
Acompáñanos!
6 de novembro de 2012
Así foi a VIII Xornada Nacional de Artrite
Para celebrar o Día Nacional da Artrite, e baixo o lema "Nuestra marcha continúa", ConArtritis organizou actividades a desenvolver en diferentes puntos de España.
Santiago de Compostela, a través da Asociación de Artrite de Santiago, acolleu dous actos desta xornada, que tiveron lugar o día 1 de outubro. Foron dúas mesas informativas e a celebración da Xornada, tal como anunciamos no seu día.
A xornada espertou gran interese, e acudiron máis dun centenar de persoas.
Algunhas fotos dos actos:
XORNADA NACIONAL DE ARTRITE
MESAS INFORMATIVAS

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)