Sairemos dende Santiago con destino á cidade de Lugo, famosa polas súas murallas que datan da época romana. Nesta cidade visitarase o museo Provincial, a catedral de estilo románico do século XII, así como as súas prazas: Santa María, a Praza do Campo e a Praza Maior presidida polo concello. Destaca tamén as súas rúas comerciais: Rua da Raíña e a Praza de Santo Domingo.
Despois dun tempo libre, faremos o xantar de confraternidade de Nadal.
Pola tarde iremos a Begonte para visitar o seu famoso Belén articulado, un dos mellores beléns que hai non só en Galicia senón no noso país.
Regresaremos a Santiago con chegada aproximada ás 21:00 h.
Belén de Begonte |
Data: Sábado 15 de decembro.
Muralla de Lugo |
As persoas socias da Asociación de Artrite de Santiago, beneficiaranse dun importante desconto no prezo desta actividade.
O PREZO INCLÚE:
- Autocar dende Santiago
- Xantar
- Seguro de viaxe
- Guía técnico acompañante
Acompáñanos!
0 comentarios:
Fai un comentario: