Complementariamente á información e orientación que poden ofrecer os profesionais sanitarios, dende a asociación aconsellamos sobre aspectos prácticos para aplicar na vida cotiá e facer a vida un pouco máis sinxela.
En determinados momentos é moi importante prestar ás pacientes de artrite un apoio non só informativo, senón tamén emocional, pois as persoas que integramos a asociación podemos comprender mellor que ninguén as situacións e padecementos derivados desta doenza, pola nosa propia experiencia persoal.
Concibimos a asociación polo tanto, como un espazo de encontro entre pacientes, no que compartir experiencias, vivencias, coñecementos, e poder aprender da experiencia propia e dos demais.