12 de xullo de 2016

Convenio co centro de Fisioterapia Ces Carou

A Asociación de Artrite de Santiago e o centro de Fisioterapia Ces Carou inician unha colaboración a través da cal, as socias e socios que o precisen, terán os servizos deste centro a un prezo máis vantaxoso do que custaría a nivel particular.
Así, o Centro Ces Carou ofrece as seguintes prestacións e servizos:
  1. Tratamento de lesións deportivas: 15€ por sesión.
  2. Tratamento de patoloxías varias (tendinopatías, esguinces...): 15€ por sesión.
  3. Fisioterapia a domicilio: 35€ por servizo cando a distancia non exceda de 4 km. (para distancias maiores ambas partes negociarán o importe do desconto)
  4. Tratamento de lesións neurolóxias: 25€ por sesión.
  5. Todos os pacientes serán valorados e tratados individualmente con sesións non inferiores a unha hora aproximadamente. Ademais o profesional que os atenda facilitaralles os consellos de hixiene postural e programa de exercicios para realizar no domicilio, de ser necesario.
CES CAROU iniciou a súa actividade no ano 2004, ofrecendo servizos de Fisioterapia Xeral. Actualmente conta cun plantel de fisioterapeutas, con experiencia en Fisioterapia e Terapia Manual, abordando un gran abanico de doenzas e abarcando a gran maioría de problemas biomecánicos, osteo-articulares e musculares que provocan dor e restan calidade de vida.
O centro CES CAROU está situado en Bertamiráns, Rúa Alcalde Lorenzo, nº 26, baixo. Para solicitar cita, podes chamar ao seu teléfono: 881.973.537
 

0 comentarios:

Fai un comentario: