O documento de instrucións previas é aquel no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre aquelas actuacións médicas a recibir ou non, co fin de que esta sexa respectada e cumprida no momento en que por determinadas circunstancias non sexa quen de expresala persoalmente.
Este documento supón un paso máis no recoñecemento do dereito de autonomía dos pacientes, permitíndoselles decidir sobre os coidados e o tratamento da saúde que desexan recibir ante situacións futuras.
Existe un rexistro galego de instrucións previas dependente da Consellería de Sanidade no cal, quen o desexe, poderán inscribir o seu documento de instrucións previas, ou se é o caso, a súa substitución ou revogación.
A finalidade do Rexistro é facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos profesionais que prestan a asistencia sanitaria, así como a consulta do devandito documento chegada a situación en que sexa necesario telo en conta.
O dereito a rexistrar as Instrucións Previas modificouse recentemente
para mellorar a súa accesibilidade e a súa posta en marcha real. Nos vídeos que enlazamos a continuación explícase moi claramente o seu funcionamento.
Video sobre instrucións previas, en galego
Video sobre instrucións previas, en castelán
Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, elaboraron
este audiovisual para difundir o coñecemento sobre este dereito de
todos os cidadáns.
0 comentarios:
Fai un comentario: