1 de abril de 2015

I Premio de relato curto: Conta a túa historia

Lilly anima ás organizacións de pacientes a "contar a súa historia" coa investigación clínica a través dun certame literario.

Lilly abriu o prazo para presentar as candidaturas ao I Premio de Relato Curto "Cuenta tu historia", dirixido a organizacións de pacientes con sede en España. O obxectivo do premio é compartir a súa experiencia ou a súa visión sobre a investigación clínica, para axudar a outras persoas. As tres mellores obras serán premiadas con 2.000, en primeiro lugar, e 1.000 euros cada un dos dous finalistas.

A iniciativa foi presentada dentro da IV Xornada Lilly de Pacientes e Investigación Clínica, dedicada a impulsar o papel do paciente experto nos ensaios clínicos e que reuniu a máis de 40 organizacións de toda España.

Nos últimos anos, o paciente pasou de ter un rol pasivo respecto aos ensaios a ser un axente activo no proceso de desenvolvemento de novos medicamentos. Ferramentas como "Cuenta tu historia" son unha vía de comunicación e concienciación clave para que poidan facerse oír e trasladar as súas inquietudes e experiencias.

Para participar no certame, as persoas interesadas deben enviar as obras a través da organización de pacientes á que pertenzan, á dirección de correo electrónico vozdel_paciente@lilly.com, antes do 10 de abril.

As bases do concurso poden consultarse aquí. O nome das entidades gañadoras comunicarase en xuño.

0 comentarios:

Fai un comentario: