Hoxe en día, as persoas que sofren dor acuden a internet como fonte de información, pero isto pode causar máis confusión, e non aportar solucións adecuadas.
Sabendo isto, lanzan a campaña en internet #másqueundolor, que consiste nunha páxina web na que as persoas que sofren dor crónica poden facer un cuestionario para orientalos sobre se esa dor pode ser de orixe reumática.
Se cres que podes ter unha enfermidade reumática, podes realizar o cuestionario, que che ofrecerá orientación, ollo! só o médico pode ofrecer un diagnóstico certeiro. Non deixes de consultalo.
E se xa tes diagnosticada unha enfermidade reumática, anímate a contar a túa experiencia ou enviar unha mensaxe de ánimo nesta web, axudando así a concienciar sobre a importancia de acudir aos especialistas médicos. Ou le as experiencias que xa se publicaron, seguro que te identificarás cos protagonistas.
www.masqueundolor.com
0 comentarios:
Fai un comentario: