A Consellería de Traballo e Benestar convoca para o ano 2013 o Programa “Benestar en Balnearios”, que pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal, descanso, convivencia, e ocupar o tempo libre dun xeito activo e positivo.
Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: “Balnearios” (opción “todo incluído”) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais. Na convocatoria deste ano participan un total de trece balnearios e a duración da estadía é de dez días e nove noites.
A convocatoria está dirixida a persoas residentes en Galicia de 65 anos ou 60 se é pensionista, que se valgan por si mesmas e non padezan enfermidades infecto-contaxiosas.
O prazo de solicitude é ata o 12 de abril. Para máis información, visitar a web http://traballoebenestar.xunta.es, nas xefaturas territoriais e centros sociocomunitarios de Benestar, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, así como no teléfono gratuíto 900 333 666.
- Folleto informativo de balnearios, datas e prezos.
- Solicitude para o programa "Benestar en Balnearios 2013"
- Datas e prezos
0 comentarios:
Fai un comentario: