Ilustración: Laura Prado |
...e ímolo celebrar!
Pretendemos ter un xantar para todos os socios, familiares e amigos co ánimo de pasar
un día en compañía, para dialogar, pasear, intercambiar experiencias e sobre todo que sexa o más entretido e agradable posible.
Pola mañá, visitaremos Agolada "O Corazón de Galicia", onde poderemos pasear e facer un pouco de turismo
pola vila. Despois dirixirémonos a Lalín, onde degustaremos o tradicional cocido galego. Xa despois do xantar, teremos tempo para facer unha
visita libre en Lalín.
Será o día 3 de marzo (sábado). Sairemos en autocar ás 11:00 dende o Centro Sociocultural de Fontiñas (Rúa Berlín, 13, en Santiago)
Calquera que queira apuntarse pode facelo chamando ao teléfono da asociación: 659084950 (de 10:00 a 13:00 de luns a venres). A data límite para anotarse é ata o día 27.
Esperamos que vos guste a iniciativa e que poidades compartir connosco este día.
0 comentarios:
Fai un comentario: