26 de setembro de 2014

A tu ritmo, nº 16

Xa está publicado o último boletín da Coordinadora Nacional de Artritis, "A tu Ritmo".

Este número é moi especial, xa que ademais de contar as actividades que tanto a Coordinadora coma as asociacións de membro de ConArtritis levaron a cabo durante este verán, este boletín é un adianto da que vai ser a X edición de "Outubro, mes da Artrite". Nel poderás consultar as actividades que imos realizar (á espera de confirmar doutras) e as datas nas que se realizarán as diferentes Xornadas informativas, durante todo outubro.

Algunhas das novidades que se presentan é a celebración do "II Encontro de Mocidade ConArtritis" e o "I Encontro Nacional de Nenos con AIJ".





24 de setembro de 2014

Charla do Dr. Pombo

O día 18 de setembro estivo connosco o Dr. Pombo con dous membros do seu equipo para explicarnos en que consiste o Centro de Investigación Clínica en Enfermidades Crónicas (CICEC). Foi unha reunión informal donde puidemos preguntar todas as nosas dúbidas sobre o seu funcionamento, que ensaios clínicos se están a levar e como nos podemos poñer en contacto con eles non só para informarnos dos ensaios senón tamén para obter unha segunda opinión clínica e incluso para facilitar un diagnóstico definitivo a aquelas persoas que carezan del.







9 de setembro de 2014

X edición de "Outubro, mes da artrite"

X Xornada Nacional de Artrite

“Por ti e polos demais, ¡fala!” é o lema elixido por ConArtritis para concienciar aos pacientes de que teñen dereitos e deben reclamarlos se non se cumpren.

“Tendo en conta a situación actual e os cambios que se están producindo en Sanidade e Servizos Sociais do noso país, as persoas con enfermidades crónicas, como son os diferentes tipos de artrite, temos que coñecer os nosos dereitos como pacientes, con qué ayudas y recursos podemos contar y cómo debemos afrontar el día a día conviviendo con la enfermedad”.

Con esta filosofía a Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis, xunto con asociacións de pacientes que forman parte dela e outras entidades afíns, organiza a X edición de "Outubro, mes da Artrite", en torno ao Día Nacional da Artrite, celebrado o 1 de outubro. A través desta campaña a Coordinadora pretende informar e formar os pacientes dos diferentes tipos de artrite, así como a poboación xeral, sobre estas enfermidades crónicas.

Este ano, e coincidindo co aniversario de ConArtritis, a campaña preséntase baixo o lema "Por ti e polos demais, fala! ", xa que se centra en advertir e asesorar os pacientes sobre os seus dereitos para que en ningún momento dubide en reclamalos. Para iso organizaranse Xornadas e Mesas informativas, ambas as dúas recoñecidas de interese sanitario polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, en diferentes cidades españolas ao longo de todo o mes de outubro, onde profesionais sanitarios, expertos, voluntarios e os propios pacientes falarán sobre o tema. Ademais, este ano levarase a cabo o "II Encontro de mocidade" e a "I Xornada de Nenos con AIJ".

Como vén sendo habitual, Santiago será unha das cidades que se una á celebración da xornada, a través da xornada que se celebrará o día 3 de outrubro e das mesas informativas á cidadanía. Ao longo do mes, outras serán as cidades nas que se celebre este evento: Huelva, Valencia, Xaén, Logroño, Vilvao, León, Murcia, Móstoles, Xerez da Fronteira, Pontevedra, Aranxuez, Toledo, Cidade Real, Cáceres, Madrid e Huesca.

Moi pronto informaremos das actividades que se levarán a cabo en Santiago.


8 de setembro de 2014

Charla sobre ensaios clínicos

O Dr. Manuel Pombo, reumatólogo do Hospital Clínico de Santiago, explicaranos en qué consisten os ensaios clínicos e intentará resolver todas as nosas dúbidas sobre este tema.
  • Data: o 18 de setembro ás 18:00 h.
  • Lugar: Salón Multiusos da CABES (Casa das Asociacións de Benestar Social), Rúa Manuel María, nº 6, Salgueiriños (ó lado de Facenda)
Prégase confirmar asistencia a través de:
email: info@artrite-santiago.org ou tlf: 659 084 950.


Casa das Asociacións de Benestar Social, en Salgueiriños

7 de setembro de 2014

Saída cultural ás Rías Baixas

O vindeiro 28 de setembro visitaremos as Rías Baixas, concretamente as vilas de O Grove, a Illa da Toxa, Sanxenxo e Combarro.   
A saída será ás 10:00 dende o Local Sociocultural de Fontiñas (Rúa Berlín, 13) e regreso ás  20:00 h.
Pode facerse a inscrición ata o día 20 de setembro.
O prezo inclúe:
  • Autocar para traslados e visitas, segundo itinerario.
  • Guía acompañante durante todo o percorrido.
  • Entrada catamarán.
  • Xantar en O Grove.
  • Seguro de viaxe.
Información e inscrición:
email: info@artrite-santiago.org ou ao tlf: 659 084 950.


Combarro

6 de setembro de 2014

Novos cursos de Tai Chi, Chi Kung e Meditación


O prazo de inscrición está aberto ata o día 14 de setembro. Para inscribirse contactar no email info@artrite-santiago.org ou tlf. 659.084.950. 

As clases impartiranse no Centro Sociocultural de Fontiñas, e os horarios serán os seguintes:
Tai Chi: martes e xoves de 09:00h a 10:00h.
Chi Kung: martes de 10:00h a 11:00h.
Meditación: xoves de 10:00h a 11:00h.



A través de séculos de práctica en China, observouse que as persoas que practicaban Tai Chi e Chi Kung tiñan un gran vigor e calidade de vida ata idades moi avanzadas. 
  
Hoxe, a práctica do Chi Kung e Tai Chi Tradicional está alcanzando gran consideración dentro da comunidade médica, non só no ámbito das enfermidades consideradas reumáticas como a artrite, osteoartrite, ou fibromialxia,  polos seus beneficios terapéuticos, xa que provocan un fortalecemento de ósos (densidade mineral ósea), músculos e tendóns, melloran a circulación enerxética e sanguínea, estimulan a función dos órganos internos e incrementan a capacidade de relaxación, concentración e memoria, ademais de serenar a mente.

A práctica do Tai Chi Tradicional e do Chi Kung non se limita a paliar a dor e a inflamación, senón a recuperar a fortaleza e vigor de todo o corpo.


Gracias a práctica da Meditación, podemos volvernos moito máis conscientes de nós mesmos, comprender e transformar os estados de ansiedade, frustración e axitación mental, enfado, apego...etc.... e en consecuencia regresar a un estado de paz, alegría e benestar que nos permitan ser plenos. A nivel físico, este estado tradúcese nunha mellora global no funcionamento de tódos os sistemas do corpo, por exemplo o sistema inmunolóxico, dixestivo, circulatorio, cardíaco e por suposto o muscular e articular.

Actividades en setembro

Despois do descanso estival, o mes de setembro preséntase cargado de actividades para a Asociación de Artrite de Santiago. Un adianto:
  • Ata o 14 de setembro está aberto o prazo de inscrición para o novo curso de Tai Chi, Chi Kung e Meditación.   
  •  O 18 de setembro, charla do Dr. Manuel Pombo, sobre Ensaios Clínicos.
  • O 28 de setembro, saída cultural ás Rías Baixas, visitando O Grove, Illa da Toxa, Sanxenxo e Combarro.
Nos próximos días iremos informando detalladamente de cada actividade.