Do 29 de abril ao 1 de maio estivemos visitando o noso país veciño, Portugal, na zona de Fátima. Visitamos lugares como a cidade dos templarios Tomar, Nazaré, a casa dos pastores, a gruta da Moeda...
Tamén recentemente disfrutamos dunha estancia no balneario de Laias Caldaria.
Deixamos unhas fotos que amosan o ben que o pasamos nestes días.
Excursión a Portugal
Estancia en Laias
11 de xuño de 2011
5 de xuño de 2011
Programa Áfora
ConArtritis está a realizar o programa Áfora, de formación a pacientes con enfermidades reumáticas inflamatorias, que está declarado de utilidade para pacientes reumáticos pola Sociedade Española de Reumatoloxía e que ten o patrocinio de MSD Inmunoloxía.
O obxectivo do programa é mellorar o coñecemento e manexo da enfermidade, así como a calidade de vida das persoas que padecen estas patoloxías. A formación está a ser impartida por médicos reumatólogos e consiste nunha charla por patoloxía nas que o especialista informará sobre a enfermidade, os tratamentos actuais e a calidade de vida e na que os pacientes poderán formular dúbidas relacionadas coa enfermidade.
O obxectivo do programa é mellorar o coñecemento e manexo da enfermidade, así como a calidade de vida das persoas que padecen estas patoloxías. A formación está a ser impartida por médicos reumatólogos e consiste nunha charla por patoloxía nas que o especialista informará sobre a enfermidade, os tratamentos actuais e a calidade de vida e na que os pacientes poderán formular dúbidas relacionadas coa enfermidade.
A Asociación de Artrite de Santiago, integrante de Conartritis, está a desenvolver en Santiago este programa educacional. As charlas que se organizan en Santiago son impartidas pola Dra. Eva Pérez Marín, reumatóloga do Hospital Clínico.
A charla sobre Artrite Reumatoide tivo lugar o pasado 1 de xuño, e a de Espondilite Anquilosante será o vindeiro 22 de xuño na Casa das Asociacións ás 18:00 h.
Para máis información, chamar ao teléfono da asociación: 659 084 950
3 de xuño de 2011
A Asociación de Artrite de Santiago na Revista Mira
O número 3 de "Mira", a revista especializada en Artrite da Fundación Abbott, recolle a experiencia da presidenta da Asociación de Artrite de Santiago, Marisa Balado, como paciente de artrite reumatoide dende hai uns 26 anos.Marisa comparte a súa experiencia persoal, ao tempo que conta cómo xurdiu a Asociación, e o traballo que se fai dende a mesma.
Ver o artigo completo.
1 de xuño de 2011
Libro sobre enfermidades reumáticas
Enmarcado no proxecto Salud y Trabajo, impulsado pola Fundación Abbott e a Fundación Ramón Areces, publicouse este libro, que analiza en profundidade e coa implicación de todos os sectores afectados, as consecuencias laborais e económicas das enfermidades reumáticas en España, co obxectivo de tomar conciencia da situación e tomar as medidas necesarias para permitir que as persoas afectadas por esta doenza poidan seguir tendo unha vida plena e produtiva.Os resultados recollidos nesta publicación son os presentados ao longo do 2010 en diversos actos ao longo da xeografía española. En Santiago de Compostela tivemos a oportunidade de coñecer estes datos na Xornada sobre as enfermidades reumáticas en Galicia.
Ver publicación
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)