A Consellería de  Traballo e Benestar publicou recentemente a orde que regula as axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade. 
Estas axudas están destinadas a: 
- Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
- Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda que contribúan a mellorar a autonomía persoal e a previr situacións de dependencia maiores, así como mellorar a súa accesibilidade.
- Adquisición de próteses dentais e audífonos co obxecto de compensar as limitacións funcionais.
 
O prazo de solicitude é de dous meses, a contar dende o seguinte ao da  publicación da orde (publicada no DOG do 28 de febreiro)
 



